aves/fastlane/metadata/android/gl/full_description.txt
Thibault Deckers 0deb3c489e
Translated using Weblate (Galician)
Currently translated at 100.0% (3 of 3 strings)

Translation: Aves/Store - Full description
Translate-URL: https://hosted.weblate.org/projects/aves/store-full-description/gl/
2024-12-11 20:21:25 +01:00

5 lines
817 B
Text

<i>Aves</i> pode xestionar todo tipo de imaxes e vídeos, incluídos os teus JPEG e MP4 típicos, pero tamén cousas máis exóticas como <b>TIFF de varias páxinas, SVG, AVI antigos e moito máis</b>. Analiza a túa colección multimedia para identificar <b>fotos en movemento</b>, <b>panoramas</b> (tamén coñecidos como fotografías esféricas), <b>vídeos de 360°</b>, así como <b>GeoTIFF</b> ficheiros.
A <b>navegación e busca</b> é unha parte importante de <i>Aves</i>. O obxectivo é que os usuarios poidan fluír facilmente de álbums a fotos, a etiquetas a mapas, etc.
<i>Aves</i> intégrase con Android (incluíndo Android TV) con funcións como <b>complementos</b>, <b>atallos de aplicacións</b>, <b>salvapantallas</b> e <b>busca global</b>. Tamén funciona como <b>visor e selector de medios</b>.