Aves pode xestionar todo tipo de imaxes e vídeos, incluídos os teus JPEG e MP4 típicos, pero tamén cousas máis exóticas como TIFF de varias páxinas, SVG, AVI antigos e moito máis. Analiza a túa colección multimedia para identificar fotos en movemento, panoramas (tamén coñecidos como fotografías esféricas), vídeos de 360°, así como GeoTIFF ficheiros. A navegación e busca é unha parte importante de Aves. O obxectivo é que os usuarios poidan fluír facilmente de álbums a fotos, a etiquetas a mapas, etc. Aves intégrase con Android (de API 19 a 33, é dicir, de KitKat a Android 13) con funcións como widgets, atallos de aplicacións , salvapantallas e manexo da busca global. Tamén funciona como visor e selector de medios.